Fins da Asociación

-Desenvolver actividades culturais para dar a coñecer a Comarca de Meira.

-Protexer o patrimonio histórico, artístico e natural.

-Promover a creación nas artes en calquera das súas expresións

-Fomentar entre os seus asociad@s o interese pola cultura, o deporte e a natureza, así como a colaboración na superación dos problemas da sociedade na que viven e no desenvolvemento dun espírito cívico, desde unha perspectiva de participación social e cidadá.

-Defensa, promoción e uso do idioma galego no camiño da súa normalización, pois representa a maior riqueza patrimonial herdada polo pobo galego. A este fin, o idioma galego é a expresión propia e oficial usada en todos os ámbitos da Asociación.

-Promoción de actividades xunto con outros colectivos sociais, culturais, ecoloxistas, etc.

-Captación de asociad@s e persoas colaboradoras para levar a cabo os fins e os obxectivos da asociación.

-Realización de actividades que leven á dinamización cultural da comarca e á difusión da súa cultura.

OBXECTIVOS XERAIS:

  • Conseguir a educación integral da persoa facilitándolle actitudes e valores construídos pola propia persoa e a partir dos seus coñecementos.

  • Promover a socialización.

  • Desenvolver programas e accións concretas que signifiquen un apoio efectivo á dinamización cultural, social e educativa de poboación. Fomentar a creatividade, a produción e a difusión cultural. Axudar a organizar o tempo libre. Estimular o consumo cultural fóra do fogar. Promover o lecer comunitario e a identidade colectiva.

  • Dinamizar os recursos endóxenos (propios) e o patrimonio cultural para toda a comunidade. Potenciar a participación cidadá efectiva. Satisfacer as necesidades de lecer activo, creativo e autónomo dos cidadáns.

  • Dotar á comunidade de espazos de ocio alternativos a través de propostas novidosas.

  • Buscar espazos de encontro para as persoas para intercambiar impresións e colaborar conxuntamente.

  • Utilizar o medio ambiente como ferramenta para o axeitado desenvolvemento da persoa. 

  • Adquisición de normas e hábitos sociais e o desenvolvemento de habilidades e capacidades persoais e grupais por parte dos destinatari@s.

    Promoción e uso da lingua galega.