Liga Nacional de Billarda








ACTIVIDADES EN AGOSTO



Queres que cho conte?  nos xardíns do parque 5 de agosto


A Asociación Eme de Meira organizou o pasado venres no parque de Meira unha actividade de contacontos a cargo de Palimoco Teatro “Queres que cho conte?” á que asistiron arredor de 40 nenos e nenas e as súas familias.
En colaboración ca Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo a Asociación Cultural Eme de Meira organizou o pasado venres a actividade de verán denominada Queres que cho conte? integrada no proxecto cultural e de lecer global Cultura sobre Rodas. O evento tivo lugar no parque de Meira pola tardiña diante de arredor de 40 nenos e nenas e as súas familias.
Queres que cho conte? é unha actividade interdisciplinar de gran calidade, na que se mestura dinamicamente a literatura oral, o teatro, a danza e a música, cun obxectivo común, achegar os contos tradicionais das nosas terras ao público
infantil, dun xeito entretido e divertido. Unha actividade que desenvolve a compañía de teatro profesional Palimoco.

Actividades Letras Galegas 2011

 

numeroso público nas actividades programadas polo día das Letras Galegas 2011

o pasado día 13 celebrouse o Concerto Tributo a Lois Pereiro. Organizado pola Federación de Asociacións Culturais Lucenses, no que participa a nosa Asociación, xunto con A Chainza de A PAstoriza, A Uruxeira de Bretoña, Leña Verde de Pol e Xotramu de Muimenta. O Concerto celebrouse no Teleclube de Bretoña, con numeroso público, e no que se intercambiaron ideas para impulsar a Federación de Asociacións, Xermán Viluba, Ismael e Xose Regueiro, foron os encargados de abrir o Tributo, leendo o Manifesto Loisista.

Baobab Teatro

o 14, e xa en Meira disfrutamos do espectáculo de Andrea Bayer "Contos Para un Caldiño" no que os mais pequenos deixaron voar a súa imaxinación.
O remate da actuación de Adrea, a Asociación agasallou os nenos e nenas asistentes con libros infantis, que firmou Andrea Bayer,

Regueifa

coplas orixinais, fixeron da actuación dos dous Reguefeiros un autentico espectáculo de humor, sen deixar nengun tema por alto, incliuda a política municipal, o público asistente disfrutou coma nunca de estes dous artistas galegos


M de Meira colabora no Tributo a Lois Pereiro do vindeiro día 13 de maio no Teleclube de Bretoña. organizado polo tecido asociativo Lucense.


O tecido asociativo-cultural lucense (FeAs) organiza unha homenaxe a Lois Pereiro. O evento, organizado por un conxunto de asociacións culturais lucenses, está aberto a todas aquelas persoas e agrupacións que queiran sumarse.

FESTA DAS LETRAS 14 de maio

 
BAOBAB TEATRO
 En "Contos para un caldiño", o principal ingrediente é ir construindo
entre todos un caldiño rico e saboroso, este caldiño precisa duns
ingredientes moi especiais, contos de libro, contos visuais, cantigas,
contos con obxectos e principalmente de orellas, orellas que escoiten.

A regueifa musical de Luís Caruncho e Benito Lobariñas, músicos e
regueifeiros de ampla traxectoria no pais e que experimentan co
traballo que veñen desenvolvendo nos últimos tempos.

Luis "O Caruncho"
Músico de devanceiros gaiteiros, el mesmo é gaiteiro, zanfonista,
cantante e incluso aprendiz de actor. Sen dúbida todas estas dotes
artísticas fan del un dos máis requeridos traballadores da música en
Galiza. Son estas mesmas dotes as que o acrediten dende que debutou
como improvisador en verso en Valladares – Vigo como un dos máis
prometedores Regueifeiros – Brindeiros do País, xa que o seu enxeño e
sentido do ritmo fan que sempre teña a man unha resposta axeitada para
calquera copla que lle boten por moi envelenada que esta sexa.
Caracterízase asemade por tratar de introducir novos ritmos e probar
con distintos acompañamentos no tradicional xeito de improvisar “a
pelo” galego.

Benito Lobariñas
Compoñente do grupo Zurrumalla é Gaiteiro, ó igual que Luis, tivo unha
faceta artística menos coñecida, que foi a de letrista da comparsa de
Antroido “Os da Taza” do Morrazo, sendo desta vena lirico-humorista de
onde procede a súa querencia polas coplas vitriólicas e a súa vagaxe
para pasarse ó verso improvisado do que xa é un cultivador
experimentado, pese a que leva relativamente pouco tempo practicando.
Con Luis “o Caruncho” soe formar unha parella que ultimamente é
bastante requerida como presentadores de espectáculos con grande éxito
entre a concorrencia. Enriba do escenario non soe achicarse ante
ningúen e sempre busca unha saída airosa das coplas do contrincante
aínda que en ocasións teña que estirar a métrica para forzar a rima


Liga Nacional de Billarda


O equipo Meirego, que disputa este sabado 16 de abril o IV Aberto Cidade de Lugo, estrea a equipación de competición conseguida grazas a colaboración desinteresada de Maderas Gonzalez  e de Paulino novo,  As travesas de Carballo envellecido  deron para facer 6 equipacións para os xogadores oficiais e 3 mais para entrenos e reserva


Taller de Memoria

 

 
martes 1 de febreiro presentación

Os destinatarios desta actividade son persoas de 65 anos de idade ou máis, da vila de Meira e alrededores. Este obradoiro está dirixido tanto ós/as socios/as de M de Meira, como os que non o son e que estén interesados en mellorar a súa memoria.
O obradoiro ten un número limitado de 24 prazas.

Así, desde a Asociación Cultural Eme de Meira proponse un Obradoiro de Entrenamiento da Memoria adaptado a un amplio abanico de niveis culturais que se presentan na Comarca de Meira.

A modalidade do obradoiro posibilita o traballo grupal, donde a tarefa se pronlonga máis alá da información acerca do funcionamento da memoria, dando lugar a compartir experiencias, comprender olvidos nun contexto de intercambio e exercitación, ampliando, ó mesmo tempo, os contactos sociais.

Na medida do posible utilizaranse as novas tecnoloxías para realizar os exercicios.

 

2º ABERTO DO LACÓN M DE MEIRA
 
Meira acollerá por segunda vez o campionato de billarda da LNB, a sexta xornada da disputada Conferencia Norleste da LNB. A competición celebrarase na Praza do Convento desde as tres e media da tarde do vindeiro día 29 de xaneiro, e disputarase na modalidade de "Aberto", a equipa de M de Meira fará o seu debut na presente tempada, esperando completar o resto do campionato.


Remata a Axenda de Nadal


Este sábado 15 de xaneiro remataron as actividades de Nadal de 2010 coa actuación da monologista Carmen Conde e o Mago Teto nun rebosado salón de actos, na casa da cultura. ante preto de 130 persoas

Nadal Máxico


                                                                                                                                 fotos do espectáculo do día 8
Este sábado finaliza a Axenda de Nadal 2010, dentro do Nadal Máxico, será o Mago Teto quen proporá un novidoso espectáculo con trucos que porán a proba a capacidade de sorpresa de pequenos e maiores. Ademais, o público tamén terá ocasión de ver a Carmen Conde, que actuará xunto ao ilusionista galego. Conde representará un espectáculo cómico chamado “As bonecas rusas”. O show tomará a forma das matrioshkas orientais, posto que cada vez que Carmen Conde destape unha das súas personaxes sairá inmediatamente outra do seu interior. Por iso, desfilarán polo escenario da Casa da Cultura de Meira Carapuchiña, Brancaneves e Borralliña (Cenicienta) xogando co rexistro vocal e social, os acentos, os cambios de vestiario sen saír da escena e, por suposto, a música..  O primeiro día do Nadal Máxico tivo lugar o sábado 8. Contra as 19:30 horas, o mago Chrystyan Magic, acompañado do virtuoso baixista coruñés Álvaro Muras, fixo voar a imaxinación dos moitos asistentes, con números de ilusionismo ao ritmo da música. Esta combinación está a colleitar un gran éxito en todas as actuacións que se suceden pola xeografía galega.

Ao Ritmo da Máxia 8 de xaneiro 19:30h



Un espectáculo dinámico e interactivo creado para dar entretemento e diversión a través de varios ámbitos da maxia nun formato orixinal. O espectáculo combina varias áreas da maxia cunha ambientación musical no escenario co grupo instrumental en directo.
Un espectáculo con bromas ocasionais co público partícipe como voluntario para que as ilusións se fágan realidade.                               
Ligazóns: Álvaro Muras
               Crystyan Magic

Actividades de Nadal



Nadal


Outro ano mais, a asociación preparou a axenda de nadal, con actividades pensadas para os mais cativos da casa, pero tamén para o lecer dos maiores, coas actuacións de Crystyan Magic e Álvaro Muras con "Ao Ritmo da Maxia" e o mago Teto,

Gran participación no 3º Magosto Popular da M de Meira

                   
preto de 200 persoas se acercaron o longo da xornada do magosto os galpóns do convento, para gozar das castañas e a musica en directo do quinteto acústico da agrupación Leña Verde de Pol, repartíronse mais de 80 kilos de castañas que se recolleron o pasado sábado os arredores da nosa vila, na actividade "Imos as castañas, Ves?". Como remate desta xornada e como ven sendo tradicional fíxose unhal queimada para todos/as  os asistentes  coa lectura do conxuro. Os asistentes puideron levar coma recordo as cuncas de barro que a asociación puxo a venda para sufragar o custe da actividade.

Remata a Presidencia de M de Meira no GDR3



O pasado 23 de outubro a Asociación de Desenvolvemento Rural Montes e Vales celebrou a súa 2º Asamblea Xeral, M de Meira, participou desde finais do 2007 na formación do GDR do noso territorio, participando de forma activa en propostas, reunións previas, alegacións etc... a presentación de dúas candidaturas para a xestión do novo Plan Leader,a  piques tivo de levar ó traste o traballo da candidatura de Nordés, apoiada pola maioría de asociacións vivas do noso territorio, a unificación das dúas propostas quedou plasmada en novembro de 2008, sendo Montes e Vales a asociación que quedaría das dúas propostas, a elección do Presidente foi para Nacho Eiros de M de Meira, con uns claros obxectivos: a posta en marcha do grupo, (oficinas, persoal laboral, equipamento etc,,,) logo de estes dous anos de intenso traballo e cos obxectivos cumpridos era hora dunha renovación, para segundo o noso presidente “coller novos pulos no GDR”. "desexolle todo o mellor o compañeiro Xosé M. Tellado, estando a súa disposición para o que estime oportuno"   Pola nosa banda M de Meira queda desintegrada na mesa sectorial de Cultura.                     dep. comunicación

III Magosto Popular da M de Meira


O proxímo dia 6 de novembro, a asociación celebrará o terceiro Magosto Popular que nesta edición contará coa presencia do Colectivo Cultural Leña Verde de Pol. Esperamosvos para disfrutar todos xuntos dunhas boas castañas e musica tradicional, e  coma de costume o remate queimada

M de Meira participa na Festa da Cultura de Riotorto


40 asociacións de base organizan un encontro cultural da Mariña, Terra Chá e Comarca de Meira
O vindeiro 24, 25 e 26 de setembro o concello de Riotorto vai acoller un encontro cultural organizado por máis de 40 asociacións culturais da Mariña e da Terra Chá. Esta Feira da Cultura ten como obxectivo ser un espello do traballo desenvolto polo movemento cultural de base así como divulgar entre a poboación o traballo de creación nos diferentes ámbitos culturais.
As asociacións organizadoras con estas xornadas queren poñer en común as iniciativas que levan a cabo en marcha individualmente, verificar que é posíbel e tamén necesario articular un espazo de referencia para unha cultura non mercantilizada e non dependente das axudas públicas e contrastar as potencialidades de sumar sinerxias e de que o movemento cultural galego tire nunha mesma dirección desde a súa diversidade sobre os seus campos de traballo. Neste sentido cómpre destacar que as máis de 50 actividades que se van desenvolver na última fin de semana de setembro fanse sen ningún tipo de axudas públicas e van ser financiadas a través da venda de bonos e das achegas dos propios colectivos culturais. Os colectivos que participan nesta xornada cobre un amplo abano do movemento asociativo, desde grupos feministas (Observatorio da Mariña pola Igualdade), defensa do patrimonio (Mariña Patrimonio ou Arrincadeira de Riotorto), deportivas (Liga Nacional de Billarda ou Clubes de Bolos), ecoloxistas (ADEGA…), xuvenís (Chilindrín,Galiza Nova…), lecer (Irmandade de San Caetano) ou culturais (A Pomba do Arco, Buril, Francisco Lanza, Ollomao, Eme de Meira…).
. Algúns dos participantes nas actividades destas xornadas serán persoas recoñecidas do panorama cultural galego como Mini e Mero, Susana Seivane, Pilar García Negro, Ugia Pedreira, Xavier Baixeras, Miguel Anxo Fernán Vello, Luísa Castro se ben o auténtico protagonista do evento van ser os novos creadores, as asociacións culturais e as xentes da Mariña, da comarca de Meira e da Terra Chá que son a base material que sustentan este corpo que nos chamamos cultura galega.    enlace o blog oficial: http://festadacultura.blogspot.com/

video  Actividades Verán

 
           VIDEO EXPRESIÓNS ESPONTÁNEAS
  
                                                                                                       
    VIDEO PROMO  M DE CINE 2010 DE GAITAFILMES
                                       

Novos servizos na rede


desde setembro a asociación dispón de canle propio no YouTube, no que subiremos videos de actividades, coma o Expresións Espontáneas 2.0 - 3.0 . A reportaxe emitida en TeleLugo da última participación no Km0 e outros mais. Tamén dispoñemos de canle
na rede social Facebook, inagurada a comenzos do verán e que xa conta con mais de 260 siareiros.

Rematan as actividades de verán


As actividades que empezaron o 13 de xullo co inicio do 3º Campamento Infantil e que esta edición contou con dúas saídas os Xardíns da Deputación para ver o concerto de Magín Blanco e os Monicreques de Titiritempo, encheo de ledicia e actividades lúdicas as mañas dos participantes ata o 30 de xullo. Expresións 3.0 que nesta edición tamén programou actividades para os mais novos/as da asociación, con paiasos, globoflexia e música encheu de actividades o parque de Meira desde a tardiña ata ben entrada a madrugada do 14 de agosto, con un gran número de asistentes os concertos, e co esperado debut do grupo Meirego Scream, sen esquecer a brillante actuación de Cats & Monkeys e o polifacético Leo i Arremecághona.. O M de Cine coma si se tratase dunha película de intriga púidose realizar o final cun éxito sen precedentes, e demostrando o afán de superación ante os problemas, que desde a imposibilidade de utilizar a casa da cultura, e o roubo un dia antes da pantalla xigante no parque, non amedrentaría o  poder organizativo da asociación, contando sempre co inestimable apoio de GAITAFILMES, o gran protagonista do M de Cine.

               

M de Cine busca alternativas ante a imposibilidade de utilizar a casa da cultura

 

entrada de presentación da gala M DE CINE 2009
 As productoras  son as grandes protagonistas do M de Cine
                    

ante a imposibilidade de poder utilizar o salón de actos da Casa da Cultura, para celebrar a III edición do M de Cine, a asociación sopesa varias opcións.  A proxeción exterior ou desprazar a edición de 2010, fora das fronteiras do concello de Meira,  o que si que temos moi claro é que o M de Cine 2010 se realizará o 16 de Agosto, pese a quen pese........................

Presentación de Expresións Espontáneas 3.0

 Directivos da Asociación, cos integrantes de SCREAM (ao fondo)O programa lúdico e cultural Expresións Espontáneas 3.0, que se desenvolverá a partir das 16.00 horas e até a madrugada, terá un conxunto de actividades pensadas para todos os públicos. Sen hora en concreto, diversas sorpresas irán acontecendo para os máis cativos desde comezos da tarde no parque de Meira para centrarse xa ás 18:00 horas nun espectáculo de clown e globoflexia que non deixará ás familias indiferentes.

Para ir dando a entrada na noitiña, coa espontaneidade que caracteriza esta iniciativa que pretende xuntar ocio e cultura tratando de pór en valor o patrimonio meirego, a asociación creará unha ambientación especial con iluminación e sons no contorno do parque mentres que diversas performances de rúa con malabares e demais irán convocando á xente para rematar xa no lugar dos concertos coa posta en marcha das actuacións musicais.

No tocante a grupos musicais, a organización elaborou un cartel moi heteroxéneo con grupos lucenses como Cats & Monkeys e Blackbum, que destacan pola súa fusión de ritmos funkies, pasando polo rock de Zootropa, ou o punk adobado de humor desde Compostela do recoñecido Leo i Arremecaghona. Ademais, Eme de Meira conta con grupos locais para procurar dar pulo tamén á creación musical da zona, un dos obxectivos da asociación desde a súa fundación, polo que tamén se subirán ao escenario os rapaces meiregos de hard rock de Scream (que acompañaron aos membros da asociación na presentación como pode verse nas imaxes que se achegan), e tamén do Dj do veciño concello de Castro de Rei, Dj Valo Cavalier.
 

Grupos confirmados para Expresións Espontáneas 3.0

  
A nova edición da actividade musical da Asociación M de Meira celebrarase nos Xardíns do parque Profesor Rio Barja, na vila de Meira, nunha nova aposta do colectivo para por en valor o patrimonio cultural e natural, a cita do 2010 está adicada a música alternativa e artes escénicas coa actuación de varios malabales e performances desde primeira hora da tarde do 13 de agosto.
a sección músical volve a apostar por grupos da zona e inclúese a actuación do grupo Meirego Scream. os lucenses Blackbum, Cats and Monkeys e Zootropa e o polifacético cantautor Punk Leo i Arremecághona dentro da súa xira. Pompis 10. A festa rematará coa sesión do Dj Valo Cavalier



a produción de Expresións Espontaneas 2010 corre a cargo de ALENTI.Solucións para eventos


1ª semana de actividades no campamento infantil 20010




 O vicepresidente da Deputación de Lugo,  Antón Bao, visitou  en Meira, xunto ao presidente da asociación cultural Eme de Meira, Nacho Eiros, o III Campamento
Urbano que organiza a Asociación Cultural “Eme de Meira” co patrocinio da Área de Cultura da Deputación. Esta iniciativa, que este ano dura desde o pasado luns
12 até o venres 30 de xullo, púxose en marcha xa hai dous anos co apoio decidido da Área de Cultura da Deputación ao observarse a carencia na comarca de Meira deste tipo de actividades que permiten conciliar a vida familiar e laboral, proporcionando unha alternativa lúdica e á vez educativa para as mañás do verán a 20
nenos e nenas en idade escolar. Desde que arrancou esta proposta, o éxito de participación foi unha constante, ratificándose nesta terceira edición do campamento infantil coa alta demanda que fixo que se cubrisen as prazas ofertadas en apenas uns días.

Este é o terceiro ano que a Asociación Eme de Meira, co apoio da Área de Cultura da Deputación, pon en marcha este programa de actividades de verán para nenas e nenos de 3 a 12 anos. Xa desde o campamento do pasado ano incrementouse nunha semana a duración do programa, chegando a un total de 3 semanas, desenvolvéndose o campamento urbano as mañás de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas, entre o 12 e o 30 de xullo. Este ano incrementouse o número de prazas até as 22, feito que aínda así non abondou para cubrir a demanda xa que nun par de días desde a apertura da inscrición enchéronse a totalidade de prazas ofertadas para os socios e socias de Eme de Meira. O III Campamento Urbano que organiza Eme de Meira contempla un programa moi completo e variado de actividades para os máis cativos, de xeito que a través de iniciativas lúdicas e amenas poidan valorar aspectos como o medio ambiente, as relacións interculturais e de compañeirismo e solidariedade, desenvolver a creación plástica nos nenos e nenas, etc.

Actividades Verán 2010.  campamento infantil para soci@s

 

O programa vaise desenvolver do 12 ao 30 de xullo, de luns a venres e en horario de 9:30 a 14:00 horas no espazo acordado pola asociación. O tema xeral do programa 2010 será o fomento da lectura, ligado á estimulación da imaxinación, a creatividade e a expresión corporal. Á súa vez, traballaranse valores como a coeducación, a diversidade ou o respecto do medio, deixando un espazo moi importante para a autonomía nas rutinas do día a día.
Saidas Especiais: durante a celebración do campamento, a asociación ten programadas dúas saidas abertas a todos/asos socios/as que o desexen.

14 de xullo. Actuación para o público infantil de Magín Blanco nos Xardíns da Deputación, saida as 5.30 de Meira
21 de xullo: TITIRITEMPO.  "Os tres porquiños e algún outro". representación con monicreques deste clasico conto.  Xardíns da Deputación"

* As prazas serán cubertas por orde de inscrición (data de ingreso da solicitude e cuota) e antiguedade do socio/a

Avance do programa de Verán 2010


Reportaxe da Asociación M de Meira en Tele-Lugo.

 

Reportaxe realizado pola Fundación TIC de Lugo


                 

29/05/2010. II Asamblea Xeral Ordinaria de Socios



O vindeiro día 29 a EME de Meira celebra a II Asamblea Xeral Ordinaria de Socios a celebrar no Centro Socio Cultural de Meira as11:30 en primeira convocatoria. O peche orzamentário do 2009, un resumo de actividades realizadas no pasado exercicio e a programación de actividades para o segundo semetre de 2010 centrarán parte da asamblea, na que a directiva da asociación dará conta dos proxectos e colaboracións  con outras entidades , a presidencia de M de Meira na asociación Montes e Vales (GDR3) tamén terá espazo na asamblea, / para poder asistir a asamblea e poder exercer o teu dereito a voz e voto é necesario estar o día no pago de cotas 2009 /2010 e ser socio numerario (con carné).   As persoas que desexen integrarse no colectivo neste 2010, poden descargar o impreso de admisión (ligazón debaixo da axenda M)  e entregalo nas oficinas de caixa galicia.

M de Meira na defensa do Eo



 Un dos fíns e piares de Eme de Meira é protexer o patrimonio histórico, artístico e natural, fomentar entre os seus asociad@s o interese pola cultura, o deporte e a natureza, así como a colaboración na superación dos problemas da sociedade na que viven e no desenvolvemento dun espírito cívico, desde unha perspectiva de participación social e cidadá.
A problemática surxida nas últimas semanas pola exposición pública do EIA da concesión para o aproveitamento hidráulico nun tramo do río Eo, a movilización de veciños e veciñas da Ribeira de Piquín, entre os cales temos socios/as en M de Meira fixo que a asociación poña o seu grao de area en defensa do río EO, segundo fontes consultadas pola nosa asociación e dos contactos mantidos con outros axentes sociais da comarca entre elas ADEGA confirma que ista actuación no rio suporía a implantación dunha central nun espazo protexido, incluído na Rede Natura 2000 e nunha Reserva da Biosfera, sería especialmente perxudicial no coto de pesca do Eo, afectado prácticamente na súa totalidade e cuxa reserva piscícola veríase seriamente afectada ao ser necesario desviar 10.000 litros por segundo e deixar a canle do río cun caudal mínimo. A construción do túnel suporía recolocar 112.354 metros cúbicos de terra e crear terrapléns que poderían bloquear as escorrentías e causar inundacións. Ademais, esta actuación podería prexudicar o Patrimonio Cultural arqueolóxico do lugar, aínda sen valorar. Con vestixios de explotacións mineiras da época Romana.
Desde Adega tamén se asegura que a concesión de 1922 tería que estar caducada tanto legal como moralmente. o proxecto non se executou, a pesar de contar cun prazo de só sete anos para levar a cabo, polo que carece de sentido a súa posta en marcha agora, cando a xustificación inicial da concesión realizada no ano 1922 carece de toda lóxica.

TODA A INFORMACION ACTUALIZADA EN

grupo Facebook Non á Central

Saidas no mes de abril


M de Meira, nova franquicia da LNB na conferencia NorLeste



 
 O pasado domingo día 11, a equipa da M de Meira fixo a súa presentación coma franquicia da LNB no espectacular aberto do levantamento celebrado no barrio da ponte en San Lázaro, Lugo. Aberto organizado pola asociación Madia-Leva.

Logo da celebración do aberto do Lacón de Meira organizado pola nosa asociación e a colaboración da A.D. O Varal,  a LNB concedeu a Asociación Cultural M de Meira a súa condición de franquicia oficial en devandita conferencia para a vindeira tempada de billarda 2010-2011,  deixandonos participar nas restantes xornadas da conferencia de cara a coller experiencia e rodadura para a próxima tempada. Nesta primeira experiencia coma equipa o resultado foi mellor do esperado, esperando mellorar os resultados de cara a última xornada da Conferencia a celebrar o 9 de maio en Remourelle, Ali estaremos



Multiaventura



Multiaventura con Km0, nesta ocasión visitaremos a sede da Deputación provincial,  o centro de olería de Bonxe, retomaremos forzas con un xantar nun establecemento rural en Outeiro de Rei, e seguidamente visitaremos as Insuas do Miño, no concello de Rabade, donde poderemos disfrutar das actividades especiais, Tiro con arco, canoa e rastreo, a mais da interpretación do medio por parte das monitoras do viaxe. Recordar que as prazas son limitadas  e o perfil  para persoas dinámicas e menores de 40 anos.


Exposición. "Orixes. Cinco fitos na evolución humana"




 

A aventura humana, desde a aparición do home sobre a Terra, é efémera se a comparamos cos 4.600 millóns de anos de existencia da Terra, e ata cos 65 millóns de anos que transcorreron desde a aparición dos primates. As investigacións científicas foron esclarecendo o misterio das nosas orixes. A evolución humana aparece como un proceso longo e complexo. Da relativamente sinxela evolución lineal con sete protagonistas, pasouse a unha árbore xenealóxica con máis de quince especies e moitas ramas sen descendencia.

Nesta exposición preténdese explicar o estado actual deste intrincado panorama, así como recrear mediante esculturas e escenografías algúns episodios da evolución humana. Os cinco momentos ou fitos da historia da nosa existencia que articulan os distintos ámbitos da exposición son: O bipedismo, As ferramentas, O lume, A autoconciencia ,O símbolo

O prólogo desta aventura tivo lugar fai uns 13 millóns de anos, cando, entre a densa vexetación que poboaba o noso planeta, os primates sobrevivían aos numerosos depredadores grazas ao seu modo de vida arborícola.

Na nosa viaxe ao pasado, iniciado fai 4 millóns de anos cos primeiros homínidos bípedos, asistiremos á creación das primeiras ferramentas de pedra fai 2,5 millóns de anos, á conquista do lume fai uns 400.000 anos, á conciencia sobre a propia existencia e aos primeiros enterramentos fai 120.000 anos, así como á eclosión da arte fai só uns 35.000 anos.

a exposición está organizada por "Obra social La Caixa" 

M de Meira asóciase á Mesa pola Normalización

 Fas máis falta que nunca. Organízate para defender o galego. AFLÍLIATE á Mesa.  

Un dos piares básicos da nosa asociación é a defensa e uso do noso idioma. Neste senso, partillamos ideas coa Mesa pola Normalización Linguistíca, unha plataforma independente, plural e apartidaria que ten como único obxectivo a promoción do uso do galego en todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma. O seu papel é o de emprender iniciativas que sensibilicen a poboación e que abran novas vías de uso do noso idioma en distintos ámbitos, así como denunciar todo tipo de agresións e discriminacións que poida sufrir a lingua galega e asegurar que se respecte o seu uso individual e colectivo. M de Meira aporta o seu grao de area co apoio en forma de adhesión á plataforma e con posibles colaboracións nun futuro. Agora máis ca nunca, o galego necesítate.



M de Meira na rede.


M de Meira na defensa do patrimonio cultural lucense


Hai pouco máis de dous anos constituíase na vila de Meira a Asociación Cultural Eme de Meira, colectivo que xurdía das inquedanzas culturais dun grupo de persoas meiregas que hoxe supera os 100 socios e socias. Tal e como recollen os obxectivos descritos nos estatutos da asociación, Eme de Meira constituíase para dinamizar culturalmente o noso territorio, facendo fincapé en protexer o patrimonio histórico, artístico e natural.

E neste camiño, Eme de Meira, desde o seu Consello de Dirección, recolle a polémica que se está suscitando nos medios de comunicación sobre a intención por parte dos herdeiros de Álvaro Gil de retirar do Museo de Lugo os fondos que este benfeitor doara no seu día á institución museística lucense. A nosa asociación cre que este importante legado patrimonial, especialmente representativo do patrimonio arqueolóxico lucense, forma xa parte dunha herdanza cultural colectiva do pobo lucense e galego, que debe ser resgardada á marxe de materialismos para que as vindeiras xeracións poidan achegarse a elas tal como hoxe en día.

Por esta razón, como compromiso co noso patrimonio cultural e empregando os modestos medios que a A.C. Eme de Meira posúe, o noso colectivo defenderá que as pezas pertencentes á colección de Álvaro Gil permanezan expostas como ata o de agora no Museo de Lugo, para que os intereses económicos dos herdeiros deste ilustre benfeitor non priven aos lucenses dunha parte tan importante e representativa do seu patrimonio cultural, da súa identidade.

O Consello de Dirección de Eme de Meira,         ENLACE A PUBLICACIÓN NA PRENSA


Os xoves de febreiro e marzo Obradoiro de Memoria


 M de Meira organiza o primeiro Obradoiro de Memoria, que se celebrará na aula de cursos que o grupo de desenvolvemento rural 3 (Montes e Vales)  ten na Av. xeral nº35 entrechán 1c. As 15 prazas para esta primeira edición están cubertas pola Asociación de Mulleres Rurais de Meira.  A asociación ten previsto unha segunda edición en abril e maio para os Socios/as de M de Meira pola boa acollida desta actividade deseñada para os mais maiores. O Obradoiro está impartido pola monitora Lola Eiras.


Éxito rotundo no primeiro Aberto do Lacón en Meira, da man da L.N.B

 


QUERES LER A CRÓNICA DA XORNADA DO ABERTO.....CLICA


Daniel da Franquicia Os Billardeiros Musicais, é o primeiro en levarse o Lacón Meirego                                        

Liga Nacional de Billarda / aberto do Lacón Conferencia NorLeste

Escoita a promoción do Aberto do Lacón na radio desde Radio-Varal.


                               Meira acolle por primeira vez unha xornada da LNB da man de O Varal e M de Meira.



 MAIS INFO BILLARDEIRA:CLICA

Meira acollerá por primeira un campionato de billarda da LNB, a oitava xornada da disputada Conferencia Norleste da LNB.  A competición celebrarase na Praza do Convento desde as tres e media da tarde do vindeiro día 7 de febreiro, (no caso de choiva trasladarémonos ata o pavillón municipal) e disputarase na modalidade de "Aberto", co que quen se achegue poderá participar e poder así disputar o lacón que se entregará como trofeo. A clasificación da LNB  está o " Roxo Vivo" e as mellores franquicias da Conferencia coma  Remourelle Bulls, Madia-Leva ou Os Outros, retaranse nas terras Meiregas.  Desde a M de Meira animamos aos nosos soci@s a participar no aberto, e poder disputar o torneo aos GRANDES da Conferencia Norleste.



Visitas no 2009



Estas estatísticas mostran todas as visualizacións de páxinas exitosas (tamén coñecidas como impresións de páxina) e o momento cando se realizaron.Só se contan páxinas totalmente cargadas. Inclúennos as imaxes e compoñentes individuais, o 2009 foi o primer ano completo da nosa páxina web, con un total de 12.345 visitas totais,


Homenaxe ós irmáns Vallejo

 

 Homenaxe Irmáns Vallejo 

O vindeiro 9 de xaneiro, a Escuderia Meira organiza a homenaxe os irmáns Vallejo.

Logo de conseguir o titulo estatal de rallies de asfalto e da súa traxectoria, a Escuderia Meira quere brindar un caloroso e sentido homexane ós irmáns Vallejo, uns dos mellores embaixadores da nosa terra.

O recibimento terá lugar na praza do Concello por parte da corporación Municipal e a direción da escudería. As persoas que desexen participar da comida posterior poden recoller os boletos na sede da Escudería Meira e nos establecementos hosteléiros da vila


Novo servizo para asociados desde este Nadal

 

NOVAS E AVISOS POR SMS

Xa estamos preto dos cen socios e socias, e a comunidade de M de Meira non para de medrar, con este novo servizo, que estará de probas durante este mes de decembro, pretendemos axilizar a comunicación directa xa que podemos chegar a mais do 90% de socios/as, fronte o 60% do correo electrónico,  a redución de envíos postais os menores custes para a asociación é  a contribución co medio ambiente tamén son  aspectos positivos do novo servizo de comunicación interna.
Si eres socio numerario de M de Meira e non recibes SmS, envíanos un correo a info@mdemeira.org co teu nº de socio e nº de Móvil

Programa de Nadal 2009/2010




As actividades de Nadal confirmadas polo de agora teñen como destinatarios potenciais o público infantil e familiar.

O martes 29 de novembro está programada unha viaxe gratuíta, coa entrada incluída para os soci@s, a XuvenLugo, a feira de ocio
instalada no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Alí, nenos e nenas poderán divertirse con xogos inchables, diferentes atraccións, videoxogos, obradoiros de pintura, etc. Debido ao número limitado de prazas (40 aprox.) prégase que quen queira apuntarse faga a súa inscrición no teléfono 686458560 ou no 628007526 (A saída da para participar na actividade será ás 15:30 da Praza do Concello e o regreso calcúlase para as 21:00 horas -Lémbrase que os nenos e nenas de menor idade convén que traian unha pequena merenda).

-Do mesmo xeito, tamén indicamos que os socios e socias de Eme de Meira poden participar da actividade para acompañar aos nenos e nenas axudando no seu control e tamén aproveitar as actividades para adultos de XuvenLugo (karting, paintball, rocódromo, etc)

Xa no vindeiro ano, o 4 de xaneiro ás 18:30 horas o contacontos Manolo Panforreteiro visitará o Centro Sociocultural de Meira para facer as delicias dos pequenos e pequenas da familia. A esta actividade, organizada tamén por Eme de Meira, pode acudir todo o mundo que o desexe, polo que se pode difundir para que sexa una actividade con alta participación.

Cea-Encontro de Asociacións Culturais

ARRINCADEIRA (Riotorto)  AS MINAS (A Pontenova)  AURUXEIRA (Bretoña) A Chainza (A Pastoriza)

Desde a Eme de Meira, informámosvos de que o vindeiro sábado 12 de decembro vai ter lugar unha cea-encontro entre asociacións culturais da zona no teleclube de Bretoña. A cea estará composta por n menú galaico tradicional (lacón-empanada-churrasco...) e
viño e cervexa ilimitados por un prezo de 25€/persoa. Conta co aliciente de que dous grupos folk-rock animarán a festa (un deles, previsibelmente, os Ultraquans). O local no que se organiza presenta unhas condicións óptimas para este tipo de eventos mais o seu
 aforo non vai máis aló das 80-90 persoas, polo que os soci@s das asociacións que queiran ir (Arrincadeira-As Minas-Auruxeira-A Chaínza
-Eme de Meira) deberán confirmar canto antes a súa asistencia.

A festa está asegurada polo que vos pediría que quen decida ir o confirme no prazo de 5 días no teléfono 628 007 526 (Xose) para así poder facer previsións da xente e gardar os sitios (15-20 por asociación).
Por outra banda, lembrarvos que a Eme de Meira organiza un campionato de tute o 19 de decembro para tentar recaudar fondos para a    asociación.A competición terá lugar na Casa da Cultura de Meira, ten unha inscrición de 50 € por parella nos que vai incluída a cea e repártense                 un total de 1.700 euros en premios. O teléfono de inscrición é o 628 007 526 (difundídeo o que poidades)


 2ª Edición do Magosto Popular.

 

O vindeiro sábado 24 de outubro a nosa asociación celebrará, co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo co patrocinio do Concello de Meira e a colaboración dos veciños e veciñas do Convento, o 2º Magosto Popular de Eme de Meira.

 Na tardiña do sábado, a partires das 19:00 horas na Praza do Convento, asaremos castañas para tod@s e disporemos de bebida a esgalla, para rematar co esconxuro da queimada.

Para pór a nota festivo-musical contaremos co grupo de música tradicional galega Os Minhotos, cuxa actuación sufraga directamente a Área de Cultura da Deputación de Lugo. Convidade a canta xente coñezades que guste da festa!

"O Paquete"  de Andrés Goteira, nominado o mellor montaxe e mellor dirección en Curtas na Rede 09                                

A Curtametraxe" Bad Company" de Duarte Eiros e Denis Vingolea  tamén participa no concurso na sección do público,  Os dous traballos poideronse ver en primicia o pasado 1de agosto no M de Cine

curtas na rede

Podes apoiar as Curtas ata o sabado 24 de novembro

Enlaces:      O Paquete         Bad Company            

 M de Meira integrase na plataforma cidadá Queremos Galego

 

QUEREMOS GALEGO é unha plataforma cidadá, conformada por entidades de diferentes ámbitos e por persoas a título individual, que nace da vontade de articular unha ampla resposta colectiva a prol da lingua propia do noso pobo, o galego; de defensa e afirmación dos usos públicos e dereitos lingüísticos xa garantidos pola actual lexislación; de progresiva normalización naqueles espazos onde o idioma de noso non goza aínda da presenza desexada.      mais info en : www.queremosgalego.org

     M de Meira, colabora na realización do certame de Rottweiler

 Meira acolleu  a cita monográfica do Club Rottweiler. A reunión, que ten carácter anual e que alcanza xa as 26 edicións, consiste nunha exposición de beleza dos cans desa raza, aos que se entregarán seis premios durante a celebración destas dúas xornadas.
Os animais presentados a concurso poderán ser elixidos, nas modalidades de macho e femia, campión novo do Club Rottweiler, campión absoluto e campión estranxeiro. Haberá tamén un premio ao mellor can da exposición.
O certame espertou expectación, dado que se espera a presenza duns 200 animais, procedentes de España, Francia e Portugal.

fonte: A voz de Galicia 10/10.       A voz de Galicia 11/10                                

  Video Documental de Expresións Espontáneas 2.0

05-08-09  TARDE DE CINE MEIREGO

 

2ª Tarde de Cine Meirego

 M de Meira xunto con Gaita Filmes organiza a esperada Tarde de Cine Meirego 2009 , logo da gran acollida da edición anterior.

Este ano temos maís novidades, coma o estreo de Gang Flims nova productora Meirega, co debut de Duarte Eiros  e Denis Vingolea, que nos presentan BAD COMPANY.

GAITA FILMES presentanos a súa retrospectiva, o documental Xigantes, e a última producción recén rematada de rodar.  O PAQUETE.

                                            mais info en:

GAITAFILMES.COM

21-07-09 

Expresións Espontáneas 2.0  fará de Meira un foro de novas culturas urbanas
O espectáculo audiovisual, organizado polo colectivo Eme de Meira celebrarase o 1 de agosto.
I.r.d. MEIRA.       

 

  FA asociación Eme de Meira celebrará o próximo día 1 de agosto un espectáculo cultural na chaira contigua á igrexa de Santa María e no contorno do convento, onde se desenvolverá o programa "Expresións Espontáneas 2.0", unha iniciativa artística que pretende dinamizar a oferta de lecer estival na capital meirega e que esta edición estará centrada na cultura urbana. O programa lúdico e cultural "Expresións Espontáneas 2.0", que se desenvolverá a partir das 16.00 horas, traerá até Meira unha ampla e nova oferta musical, que deparará ás público actuacións de grupos de hip-hop, grafitti, Dj´s, rap e vj´s, novas fórmulas de expresión artística, que transcenden a realidade da creación e xa se converteron en formas de cultura urbana que cada vez teñen máis arraigamento e contan con máis seguidores enla sociedade. A oferta musical desta cita prestará especial atención ao rap, tal e como o constata a presenza de formacións como Granpurismo, unha banda formada por galegos e suízos; Drumdrama, de Vigo, ou os lucenses K.A.O.S. Como expoñentes da música electrónica participarán nesta cita os lucenses Telémaco, así como os Djs DRThink, Dj Shocker, e o Dj con raices Meiregas DR. Adra, No ámbito das creacións plásticas, Expresións Espontáneas 2.0 reunirá en Meira a graffiteros da talla de Colectivo 314, un grupo de mozos olívicos que darán renda solta á súa imaxinación en paneis e muros habilitados para a ocasión e todo nun contorno no que tamén se aproveitarán os impresionantes muros dos edificios relixiosos que outrora conformaron o antigo convento de Meira para facer proxeccións visuais e sonoras. (El Progreso)

               MYSPACE- EXPRESIONS ESPONTANEAS 2.0

14-07-2009
Inaugurado en Meira o segundo campamento urbano para rapaces de 3 a 10 anos

                                                                              
O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao, inaugurou esta mañá en Meira o II Campamento Urbano que organiza a Asociación Cultural Eme de Meira co patrocinio da Área de Cultura da Deputación. Esta iniciativa púxose en marcha xa o ano pasado co apoio da Área de Cultura da institución provincial, ao observarse a carencia na comarca de Meira deste tipo de actividades que permiten conciliar a vida familiar e laboral, proporcionando unha alternativa lúdica e ao tempo educativa para as mañás do verán a 21 rapaces en idade escolar. Dende que arrancou esta proposta, o éxito de participación foi unha constante, ratificándose nesta segunda edición do campamento urbano coa alta demanda que fixo que se cubrisen a totalidade das prazas ofertadas en apenas uns días. Segundo Antón Bao, “dende a Deputación sempre tivemos claro que poñer en marcha actividades coma o campamento urbano son pasos moi importantes para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral das familias con fillas e fillos pequenos, tamén en concellos do rural onde existen menos medios para facer que durante os meses estivais as crianzas teñan unha ocupación proveitosa e divertida para eles”. Animando ás nenas e nenos a aproveitar e gozar deste programa de verán, o vicepresidente da Deputación, Antón Bao, aproveitou para facer uns agasallos aos participantes no campamento urbano: un paquete de lapis de cores, unha libreta e unha mochila. Este é o segundo ano que a Asociación EME de Meira, co apoio da Área de Cultura da Deputación e a Conselleria de Cultura e Deporte  pon en marcha este programa de actividades de verán para nenas e nenos de tres a doce anos.

                                                                                                   


Presentase a programación de verán os socios/as:

O programa estival xa está en marcha. con catro actividades,  Un verán diferente, Concerto de Mamá Cabra, Expresións Espontáneas 2.0 e a Tarde de cine Meirego


13/06/2009

A Actividade estrela da programación de verán, EXPRESIÓNS ESPONTÁNEAS 2.0, pecha o cartel de Artistas presentes nesta segunda edición adicada a Cultura Urbana, o vindeiro 1 de agosto  na Praza do Convento desde    as 14:00h 

                                                            www.myspace.com/expresiónsespontaneas

                                                                         

28/05/2009

                                   

 Un verán diferente, entre o 13 e 31 de xullo.

as inscricións para socios/as estará aberta a partires de xuño, a actividade conta con cinco dias maís de programación que en 2008,

Expresións Espontáneas 2.0

a edición 2009 estará adicada a Cultura Urbana.  (Hip-Hop, Grafitti, Break, Dj´s, rap, vj´s) unha edición que non deixará a ninguén indeferente,



DÍA 6 DE MAIO

M de Meira participa no programa Km0

-Saída ás 9:00h da praza do concello en Meira -Visita á fundación TIC (escola de audiovisuais) -Visita degustación á adega -Xantar na adega, en Francos (Doade) -Ruta a pé até o miradoiro A Pena do Castelo (1 km) sobre o Río Sil -Desprazamento até o embarcadoiro de Ponte do Sil (Doade) -Travesía fluvial en catamarán contemplando as viñas de Amandi (1h.) -Regreso a Meira 21:30H . mais fotos+

01/03/2009

I. Asamblea Xeral Ordinaria de Socios dia 28 de marzo. Centro Sociocultural  10:30h

A asociación Montes e Vales, que vai xestionar o LEADER. 2007-2013 das Comarcas de Meira e Fonsagrada , e na que M de Meira está representada, acaba de públicar as bases para a contratación da equipa técnica.

ANUNCIO: Pola que se publican as Bases, aprobadas por acordo da Xunta Directiva do 11.02.09 e de conformidade co Convenio asinado entre AGADER e o GDR3 o día 21/01/09 para a xestión do programa Leader 2007-2013, procédese a convocar proba selectiva para os seguintes postos: 1 Xerente / Coordinador/a 1 Administrativo/a OS PREGOS DE CONDICIÓNS atópanse para a súa consulta nas oficinas dos Concellos da Fonsagrada e Meira. Tamén se poden consultar na Internet en: http://agader.xunta.es/. http://gdr3montesevales.blogspot.com/. O prazo para a presentación de solicitudes é de 10 días naturais, contados dende o seguinte ó da publicación deste anuncio antes das 14 horas do último día no que remata o prazo de presentación. As solicitudes pódense presentar nas mesmas oficinas dos Concellos da Fonsagrada e Meira ou vía postal.                                                              SEDE:Asociación MONTES E VALES. Apartado de Correos nº3. CP27100 A Fonsagrada (Lugo)                                                                                                           SUB-SEDE:  Asociación MONTES E VALES. Apartado de Correos 901. CP 27240 Meira (Lugo)

Enlace o blog da Asociación Montes e Vales:  GDR-3

A revista "Arqueología, Historia y Viajes sobre el Mundo Medieval" organizou un  concurso sobre "Las Siete Maravillas Medievales de España", e entre os 30 finalistas  está o Mosteiro de Santa Maria de Meira. 
Agora, na "Fase final" do concurso haberá que  votar por unha desas 30 elexidas.  Pode votar todo aquel que queira, so e pide nome e e-mail.  Está entre as 30 mellores xunto coa Catedral de Santiago, a Alambra de Granada, etc

APOIA A NOMINACIÓN DO NOSO MOSTEIRO

O Xornal EL PROGRESO fixo mención da nosa paxina, na sección adicada a internet PLAN B.

O pasado 5 de febreiro, a nosa asociación foi a protagonista da sección Plan B, que o xornal El  progreso adica a facer mención de paxinas na internet de ambito Lucense, dende a dirección de M de Meira queremos agradecer a El<Progreso a axuda a espallar a nosa acción social entre toda a comunidade da nosa provincia.

Remate das actividades da M de Meira exercicio 2008.  Nos vindeiros dias confirmaremos a data da Asamblea ordinaria de socios. 

:Cambio de data:

Actividades Nadal 2008.

A Asociación M de Meira organizou o I Magosto Popular na Praza do Convento da vila

Houbo castañas asadas e bebida para todas aquelas persoas que se achegaron durante a tardiña, na que tamén actou o histórico grupo de música e baile tradicional da capital lucense, María Castaña

                     

A curtametraxe de Andrés Goteira, estreada en Meira na Tarde de Cine Meirego que organizara M de Meira, gaña o premio do público á Mellor Curtametraxe no certame Curtas na Rede

Desde a M de Meira queremos darlle os máis sinceros parabéns a todo o equipo de produción da curtametraxe


A categoría estrela do concurso é a de curtametraxes, na que este ano participaron 90 proxectos. Os inscritos tiveron que realizar unha curta inédita que non excedera os cinco minutos de duración e que versara sobre as temáticas de inmigración, saúde e sexualidade e visións nosas/visións alleas (temática libre). Amais desta categoría, e coa mesma limitación e duración, este ano incorporouse a categoría de curtametraxes de animación de temática e xénero libre.
O presidente da Xunta entregou o premio á mellor curtametraxe en galego a Xabier Marqués Solla por Z. O premio á mellor curtametraxe en castelán recaeu en Suda Sánchez por Rutina. O galardón á mellor curta de ficción sobre saúde e sexualidade foi para Carlos Prado Pampín por Vellas, quen tamén se fixo co premio á mellor micromovie por Amén Señora e mellor dirección por Vellas. Na temática de ficción inmigración, o galardón foi para Marisa Otero López por Querida Xulia. Na categoría visións nosas/visións alleas déronse dous premios, un deles para Diego Valiño García por Love over e, o outro para Toño Chouza por Münchausen, quen tamén recibiu o premio do público á mellor micromovie por Contratempo.
No apartado documental, o premio para a mellor curta de saúde e sexualidade foi para Julia Vallés por Sexo seguro. A mellor curta documental na categoría visións nosas/visións alleas foi para Pablo Chouza por O camiño da Loureira.
O galardón pola curtametraxe máis orixinal foi para Pablo Penedo Naveira por Federico Lasalle. Así mesmo, o premio do público á mellor curtametraxe foi para Andrés González Tella por Qué lle pasa a Pepe Pistola?

Fonte: Código Cero (ligazón á nova aquí)

13 de setembro: Xardíns do parque

Escultura, Pintura e Música

Expresións Espontáneas é un concepto novidoso que permite, dentro dun mesmo espazo, poder desfrutar de tres actividades artísticas co pano de fondo da natureza. A mistura de escultura, pintura e música nun contorno natural ás beiras do río Miño fai de Expresións Espontáneas un achegamento entre o público, o arte e a natureza. Nesta primeira versión, a 1.0, a Asociación Cultural Eme de Meira conta coa presenza dos artistas Juan Vila en escultura, Fina Eiros en pintura e a música d'Os Minhotos (polos arredores do parque e a vila) e o concerto de No Alboiro, cuarteto de música tradicional galega, na que destaca a presenza do violinista Harry Price e o zanfonista Victor Soto.

          

a exposición estivo animada dende primeira hora 

    

O concerto de No Alboiro foi seguido por numeroso público


PIC-NIC

O documentario proxectouse cun éxito rotundo de asistencia que ateigou o Centro SocioCultural o 16 de agosto. A xente desfrutou tamén das dúas últimas curtametraxes de Andrés Goteira, aclamadas con fortes aplausos

Rodada integramente na que seguramente é a praia máis coñecida e transitada de todo o Mediterráneo, Benidorm, na España, Pic-nic é un lúcido retrato das vacacións e o tempo libre. A película segue a un reducido grupo de personaxes ao longo de todo un mes de agosto, atenta aos diferentes modos en que os personaxes xestionan o seu aburrimento, en palabras do propio director. O máis destacable de Pic-nic é o seu exquisito traballo de cámara e edición, grazas ao cal un conxunto de escenas cotiás convértense nunha aguda reflexión sobre o home actual e sobre o paradoxo en que convertemos o noso lecer, ?so que inxenuamente chamamos tempo libre. Voyeur, provocativa, cunha mirada ambivalente que oscila entre o descreimiento e a tenrura, Pic-nic faranos recordar algunhas escenas de As vacacións de Ms. Hulot de Jacques Tati, o humor sostido do finlandés Aki Kaurismaki ou a proximidade e cotidianeidad dos personaxes que José Luís Guerin retratou no seu filme En construción

Eloy Enciso Cachafeiro, graduouse como director de documental na prestixiosa EICTV, Escola Internacional de San Antonio dos Baños, Cuba. Dirixiu diversos documentais ("LA Clase", "Non tan boa vista" e "Funk the wheel" son algúns dos títulos da súa filmografía), que viaxaron por festivais de cine de Arxentina, Chile, Finlandia, Cuba, Francia, Grecia, Italia e España. Obtivo diversos premios con estes traballos, entre eles o Premio Mirada Womad á tolerancia en Cáceres, a mención dereitos humanos do Festival Imago de Cuba ou o primeiro premio no Festival Mínima de Gandía. Eloy Enciso vive actualmente na Residencia de Estudantes de Madrid, onde goza unha bolsa de creación do Concello de Madrid. Pic-nic é a súa primeira longametraxe e obtivo o premio Benibecas da Fundación 30 km/s ao mellor proxecto documental e Premio á Mellor Película Documental Galega no Festival Internacional Play-doc de Tui.  PLAY DOC

                           

Nacho Eiros entregou un agasallo de M a Eloy,                        socios e amigos, quedaron para charlar cos directores,

A páxina web da Eme de Meira conta co apoio do Concello de Meira


.

Rematou con éxito o I Campamento Urbano organizado por M de Meira

16 nen@s desfrutaron do I Campamento Urbano

Cuns excelentes monitores, os nenos e nenas que participaron no campamento aprobeitaron ao máximo estes días do primeiro campamento urbano de Meira

Na última semana do campamento, as nenas e nenos realizaron actividades lúdicas e didácticas de todo tipo, desde xogos de actividade física e motriz até outros orientados ao traballo coa língua e cultura e tamén ao coñecemento do espazo que os rodea. Tanto nais e pais coma os/as cativos/as manifestaron o seu interese por repetir a experiencia para o vindeiro ano xa que a consideran moi proveitosa para a formación e a recreación lúdica da poboación infantil da vila, eivada de actividades polo verán.